Mensaxe de Carlos Mouriño á afección do RC Celta

Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, dirixe unha mensaxe de agradecemento á afección celeste tras o incrible apoio demostrado cara ao equipo nas últimas xornadas: "Esperemos que o sábado e nos seguintes partidos sigades como até agora. Non soamente douvos as grazas polo que fixestes, senón polo que ides facer".

Posta de longo do primeiro ‘gamer’ celeste na presentación de eLaLiga Santander

O Palacio de Neptuno de Madrid vestiuse de gala para dar a benvida aos 34 clubs que participarán durante esta tempada en eLaLiga Santander, a competición oficial de EA SPORTS TM FIFA 20 en España. Non quixeron perderse esta gran cita Javier Tebas, presidente de LaLiga, Nicholas Wlodyka, VP e director xeral de EA Sports … Continuación

As obras da cidade deportiva seguen o seu curso: o soño faise realidade

O soño faise realidade. As obras da cidade deportiva do RC Celta seguen o seu curso para outorgar unha nova dimensión a un club envorcado nunha canteira que é xa un referente a nivel internacional. Os distintos equipos celestes agardan con impaciencia o seu traslado a unhas instalacións cómodas, funcionais e respectuosas ao máximo co … Continuación

O celtista Pablo Zamorano representará ao RC Celta na eLaLiga

O RC Celta estréase esta tempada nos e-Sports coa súa participación na eLaLiga Santander, a competición oficial de LaLiga e FIFA 20 que arrinca esta semana en Madrid e na que participan 33 clubs de Primeira e Segunda División. O club celeste organizou unha rolda previa online, da man de LaLiga, para ver xogadores e, … Continuación

O club pon á venda este martes unha nova remesa de entradas para o partido ante o Real Madrid

A unión entre afección e equipo demostrou este domingo ante o Sevilla que non hai nada imposible. Horas antes, os afeccionados celestes esgotaron as localidades dispoñibles para o partido que o RC Celta disputará este domingo no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid. A partir deste martes, o club pon a disposición exclusivamente dos seus … Continuación

Esgotadas as entradas visitantes para o encontro ante o Real Madrid

O RC Celta non estará só no Santiago Bernabéu. A afección celeste volveu a demostrar a súa fe no equipo e nun só día esgotou todas as localidades dispoñibles para o encontro do próximo domingo ante o Real Madrid. O club pon a disposición de todos aqueles abonados que o desexen a posibilidade de realizar … Continuación

O RC Celta aplicará o réxime interno aos abonados que venden as invitacións para o partido ante o Sevilla

O RC Celta traballa desde fai xa varios anos e de xeito intenso na erradicación da reventa de entradas ou invitacións para os partidos no estadio de Abanca Balaídos polo prexuízo que lles causa a abonados e afeccionados. Trátase dunha actividade ilícita que de cara ao encontro do domingo ante o Sevilla xerou un lóxico … Continuación

A afección do RC Celta esgota as entradas e invitacións para o partido ante o Sevilla

Os afeccionados do RC Celta volvéronse a envorcar co equipo de cara ao transcendental encontro do próximo domingo ante o Sevilla e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado podía retirar dúas invitacións gratuítas. A afección celeste volve demostrar a súa fe e amor polo equipo e o seu apoio … Continuación

Comunicado do RC Celta

O RC Celta lamenta profundamente os diversos problemas técnicos sufridos nos últimos días para a tramitación de entradas e invitacións para os seus abonados e as molestias e inconvenientes que estas deficiencias lles causaron. Ante a imposibilidade por parte da empresa provedora do servizo de tramitación online YouSeet, que adquiriu esta liña de negocio a … Continuación

Os abonados do RC Celta poden retirar desde esta tarde dúas invitacións para o partido ante o Sevilla

O RC Celta afronta este domingo un partido de máxima importancia ante o Sevilla no que o apoio da afección volverá ser esencial. O obxectivo do club é encher o estadio, empuxar aos xogadores cara á vitoria e volver demostrar que a unión equipo-afección é capaz de superar calquera adversidade. Debido a diversos problemas técnicos, … Continuación