ABANCA Balaídos acolle a presentación da fase de ascenso a Segunda División B

Este mércores o estadio ABANCA Balaídos acolleu a presentación do playoff de ascenso do grupo galego a Segunda División B que se disputará no estadio celeste desde esta fin de semana. Sobre o céspede estiveron presentes Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Ricardo Barros, vicepresidente do RC Celta, e os presidentes, adestradores … Continuación

O RC Celta recibe a partitura orixinal dun pasodobre de 1912 dedicado ao Vigo FC

Nova donación de gran valor histórico e sentimental para o Real Club Celta. Trala entrega por parte de Enrique Cerezo dunha placa de 1945 dedicada ao presidente de honor celeste Cesáreo González, o club recibiu unha partitura orixinal de principios do século XX composta en honor do Vigo FC, embrión do Vigo Sporting. A partitura, … Continuación

Enrique Cerezo entrega ao RC Celta unha placa de 1945 en honra do expresidente Cesáreo González

O RC Celta enriquecerá o seu museo cunha peza de gran valor histórico e sentimental, que honra a figura dun celtista inesquecible, Cesáeo González, presidente de honra do club polo seu inesgotable apoio á entidade. A placa, do ano 1945, chega a Vigo grazas a Enrique Cerezo, presidente do Atlético de Madrid, quen lle fixo … Continuación

Ante o Betis, partido vital co alento da afección desde balcóns e ventás: #OEscudoAoBalcón

O RC Celta afronta este sábado ante o Betis unha partido clave polo calendario, que xa se esgota, polo último resultado, pola clasificación, polos enfrontamentos dos rivais directos... É un encontro de vital importancia no que, de novo, non estará o verdadeiro motor do equipo, a afección. Non estará no interior do Estadio Abanca Balaídos, … Continuación

Celta, Deportivo, Lugo e Valladolid homenaxearán á hostalaría no seu regreso aos terreos de xogo



O Salón Rexio de A Sede abre as súas portas para presenciar os partidos do RC Celta até final de tempada

O Salón Rexio de A Sede abre as súas portas mañá ás 16:30 para que os afeccionados celestes poidan ver en pantalla xigante todos os partidos do RC Celta até final de tempada, onde o equipo de Óscar García buscará conseguir os máximos puntos posibles para escalar postos na clasificación. O obxectivo é que a … Continuación

Minuto de silencio antes do partido ante o Villarreal

Antes do partido de LaLiga ante o Villarreal, este sábado 13 de maio ás 17.00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas falecidas polo Covid-19, Radomir Antic, exentrenador do RC Celta, Máximo Hernández, exjugador RC Celta, Rafael Galiñanes, exjugador RC Celta, Carlos Núñez Gayoso, abonado histórico do RC Celta … Continuación

O RC Celta protagoniza a última campaña de Visit Maldives

O RC Celta protagoniza a última campaña de Visit Maldives para todos aqueles afeccionados de todo o mundo descubran os cegadores recunchos deste país tropical. Iago Aspas, Rafinha, Denis Suárez e Smolov téñeno claro: ¡O sol brillará de novo en Maldivas!

O RC Celta reintegrará aos afeccionados o importe das entradas ante FC Barcelona e Atlético de Madrid

XESTIONA AQUÍ A TÚA DEVOLUCIÓN, CESIÓN OU MOEDEIRO VIRTUAL O RC Celta devolverá o importe a todos os afeccionados que adquiriron entradas para os partidos de LaLiga ante FC Barcelona e Atlético de Madrid que se disputarán no estadio ABANCA Balaídos. Devanditos encontros disputaranse a porta pechada atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias. Aqueles afeccionados … Continuación

Os abonados do RC Celta poderán xestionar a devolución, renuncia ou troco da parte proporcional do seu abono

O RC Celta foi un dos primeiros clubs da liga en comunicar aos seus abonados que no caso de que non se disputasen ou non puidesen asistir aos partidos restantes para a conclusión do campionato procedería á devolución do importe proporcional do abono. O club mantén o seu compromiso e a partir do próximo luns … Continuación