O Centenario salta ao papel: Chega para todo o celtismo o espectacular libro ilustrado “Historia Visual do RC Celta”

  O Centenario do RC Celta flúe, con rigor, emoción e dinamismo, a través das páxinas dunha singular publicación que percorre, con orixinais ilustracións, a historia do club desde os seus inicios ata a actualidade. Os fitos, acontecementos, xogadores, técnicos e personalidades que deixaron a súa pegada nestes 100 anos de vida do RC Celta … Continuación

O celtismo elixirá o nome da nova bancada de Abanca Balaídos

O RC Celta lanzou o Centenario do club a finais do pasado ano cunha frase que vai cobrando sentido en cada iniciativa: “O Centenario é para todos”. A afección celeste decidirá neste inesquecible 1923 o nome da sección inferior da nova bancada que substitúe á derruida de Marcador mediante unha enquisa que o club lanza … Continuación

O Mar de Vigo desborda entusiasmo e celtismo no emotivo e multitudinario ’Centenario Cos Cativos’

A historia do RC Celta, canteira, sentimento, entusiasmo, enerxía, celtismo… confluíron esta tarde no Auditorio Mar de Vigo nun emotivo evento organizado pola Fundación Celta con motivo do Centenario do club.  Uns 1500 nenos celtistas asistiron ao ‘Centenario cos Cativos’ e puideron coñecer mellor, non só a historia celeste, se non tamén aos canteiráns Iago … Continuación

As entradas para o evento ‘Centenario cos Cativos’, dispoñibles o vindeiro luns

 

A Reconquista trasládase este domingo a Abanca Balaídos na previa do RC Celta- UD Almería

A popular festa que axita á cidade de Vigo estes días terá continuidade este domingo en Abanca Balaídos, escenario desde as 14.00 horas dun partido clave para determinar o devir do RC Celta esta tempada. O cadro celeste recibe ao Almería no fragor da Reconquista, que se trasladará ao estadio celeste para facer partícipe á … Continuación

O Centenario chega aos celtistas máis novos nun encontro con Iago Aspas e Gabri Veiga no Mar de Vigo

 

Centenario: o filial celeste denominarase desde a próxima tempada Celta Fortuna en homenaxe ás orixes do club

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, anunciou esta mañá nun almorzo cos medios de comunicación una das accións máis rechamantes e emotivas da celebración do Centenario do club. O Celta B terá un nome novo a próxima tempada para render homenaxe ao máis antigo dos clubs que orixinaron o nacemento do RC Celta. O … Continuación

Este é o mellor once da historia do RC Celta para a afección celeste

Tras varias semanas de votacións, a afección celeste definiu o once ideal dos 100 anos de vida do RC Celta, unha iniciativa de Estrella Galicia e o club na que participaron máis de 3.000 seguidores. O resultado das votacións, realizadas a través das redes sociais do club, é o seguinte: Porteiro: Cañizares; defensas: Míchel Salgado, … Continuación

A campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’ chega a canteira celeste

Os integrantes do RC Celta Cadete A súmanse á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’, promovida con motivo do Centenario do club, no marco das accións solidarias incluídas no programa Denominación de Orixe Celta do que forman parte a totalidade dos conxuntos das categorías inferiores celestes e que prevé unha acción solidaria de cada un … Continuación

O RC Celta e o seu Centenario, protagonistas dunha Érték Conference Sports Edition que xerou unha gran expectación

A Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo albergou durante os últimos dous días a cuarta edición da Érték Conference, un ciclo de conferencias promovida por un grupo de estudantes que neste 2023 tivo como un dos grandes protagonistas ao RC Celta, que se sumou a este proxecto con motivo da celebración do seu Centenario. … Continuación