Únete á historia! ’90 minutos de sentimento’, a campaña de abonados do noso Centenario

O RC Celta dá inicio á tempada do Centenario co lanzamento da súa campaña de abonados “90 minutos de sentimento”. Con tal motivo, e por sexta tempada consecutiva, o club mantén os prezos dos abonos, coa excepción da nova bancada de Marcador. Para aqueles interesados en unirse como abonados na tempada 2023/24, o club habilitou … Continuación

O RC Celta impulsa a súa área social coa incorporación de David González

  No seu empeño por mellorar a súa relación cos abonados e aumentar o seu grao de satisfacción, obxectivo estratéxico do club, o RC Celta dálle un novo impulso á súa área social coa incorporación de David González, quen conta cunha longa experiencia na relación cos abonados e na posta en marcha de eventos e … Continuación

A firma galega Ignacio González Montes, fundada por un ex xogador celeste, doa unha tonelada de conservas á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’

A fantástica resposta das empresas galegas á campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’, posta en marcha con motivo do Centenario do club pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo, viviu un novo e emotivo episodio.  Ambas as entidades recibiron unha tonelada de conservas doada pola emblemática firma galega Ignacio González Montes, … Continuación

O neno de Marín que chegou a A Madroa para converterse en lenda: Ata sempre Hugo!

A camiseta do RC Celta que se enfundou na Madroa con 12 anos deixará de ser visible. No seu próximo partido poñerase outra, que honrará como sempre fixo, pero tras o asubío final, aí rexurdirá a celeste. A que leva día e noite desde neno. A que non se distingue da súa pel. As súas … Continuación

Comunicado oficial: revenda de entradas e carnés

O RC Celta quere lembrar a abonados e afeccionados que a revenda de entradas e carnés están completamente prohibidos e que aquelas persoas que tenten acceder ao estadio o vindeiro domingo utilizando algunha destas prácticas poderían ser retidas nas portas de acceso. Neste sentido, o club aclara que as entradas que se despacharon están asociadas … Continuación

Os afeccionados celestes participarán na gravación do videoclip do himno do Centenario baixo a dirección de C. Tangana

Os afeccionados do RC Celta serán protagonistas dun dos acontecementos máis relevantes do Centenario do club. Poderán participar na gravación do videoclip do himno do Centenario baixo as ordes de Antón Álvarez (C. Tangana), unha peza cinematográfica única que formará parte para sempre da historia celeste. A rodaxe, a cargo da prestixiosa produtora Little Spain, … Continuación

O RC Celta ofrece autobuses e entradas gratuítas aos seus abonados para o partido contra o Cádiz CF

  O RC Celta afronta este domingo ante o Cádiz CF (Nuevo Mirandilla, 19:00 horas) un encontro onde buscará un importante triunfo na penúltima xornada de LaLiga 2022/23. Para este partido, o club ofrece aos seus abonados a viaxe en autobús máis a entrada de forma gratuíta. A saída terá lugar o propio domingo 28 … Continuación

A campaña solidaria ’100 Anos -100 Toneladas’ regresa este martes a Abanca Balaídos no RC Celta – Girona

 

O RC Celta abre á afección a segunda fase para elixir o nome da nova bancada de Abanca Balaidos

Tras pechar, cun notable éxito de participación, a primeira fase da enquisa aberta á afección celeste para decidir o nome da sección inferior da nova bancada que substitúe á derruida de Marcador, o RC Celta pon en marcha este venres ás 10:00 horas a votación entre as propostas máis significativas. Os seguidores célticos poderán votar … Continuación

Emoción, paixón e entusiasmo no Concerto da Coral Casablanca con motivo do Centenario do RC Celta

O Concerto da Coral Casablanca e Orquestra con motivo do Centenario do RC Celta xerou unha  choiva de emocións nun auditorio ateigado e entregado. O público gozou dun programa exquisito, cunha variedade calculada para xerar un tobogán de sentimentos e cubrir todo o espectro de gustos musicais e con varias chiscadelas ao RC Celta, cuxo … Continuación