A camiseta da Selección de Aspas xa se pode reservar na tenda do Celta

A tenda do RC Celta celebra a convocatoria de Iago Aspas con España para o Mundial de Rusia poñendo á venda a camiseta de 'La Roja' co nome do dianteiro galego. Os afeccionados que desexen adquirir a elástica mundialista de Aspas xa poden reservala tanto na tenda de A Sede como nada de Balaídos. No verán, … Continuación

Unzué despídese agradecido pola oportunidade de adestrar en Primeira

Juan Carlos Unzué compareceu este luns na sala de prensa de Balaídos acompañado polo presidente Carlos Mouriño. O xa ex técnico celeste despediuse agradecendo ao club por «a oportunidade de adestrar en Primeira División» e, aínda que expresou o seu desexo de continuar co proxecto, non dubidou en facer autocrítica: «Tiñamos plantel para pelexar por Europa … Continuación

Sergey, o celtista ruso: «Ser un celtista en Rusia é ser un tolo»

Sergey Klepalov non é un afeccionado calquera. Os máis de 6.000 quilómetros de distancia que separan Vigo de Ekaterimburgo, en Rusia, non supuxeron un impedimento para este apaixonado do RC Celta que, cada vez que ten ocasión, viaxa á cidade olívica para gozar do club dos seus amores xunto aos membros da súa pena, Centolos … Continuación

Irisarri e Piñera, designados para o desenvolvemento da cidade deportiva celeste

O consello de administración do RC Celta designou ao proxecto presentado por Irisarri e Piñera para o desenvolvemento da nova cidade deportiva do club en Mos. O RC Celta quere expresar o seu sincero agradecemento aos arquitectos De Fraga, G.Quijada e Portolés e Alfonso Penela polas súas propostas, todas elas magníficas, para este ilusionante proxecto … Continuación

A Sede desborda celtismo e emotividade na entrega das Insignias de Ouro do Celta

O Salón Rexio da sede vestiuse de gala esta tarde para albergar un dos actos máis emotivos e relevantes da tempada, a imposición das Insignias de Ouro do RC Celta aos abonados que cumpriron 50 anos de antigüidade. O presidente do club, Carlos Mouriño, entregou as insignias a 75 abonados, cada un deles un exemplo … Continuación

O equipo visita aos novos futbolistas de AFAVI e Escolas Fundación Celta

Un ano máis, e como vén sendo costume nestas datas, os xogadores do RC Celta comezaron a visitar os distintos equipos asociados a AFAVI, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, así como aos rapaces das escolas da Fundación Celta. Estes encontros cos novos futbolistas da comarca, que se celebran hoxe martes e mañá mércores, … Continuación

Tarde de celtismo con Radoja, Cabral e Tucu da man de DR&N

O córner de Do Rego and Novoa, provedor oficial do RC Celta, no Corte Inglés de Vigo viviu este luns unha tarde chea de ilusión e celtismo coa visita dos futbolistas Radoja, Cabral e Tucu. Os afeccionados que se achegaron ao evento tiveron a oportunidade de coñecer aos seus ídolos en persoa e de conseguir os … Continuación

O Celta deixa escapar os tres puntos do derbi (1-1)

O Celta deixou escapar o tres puntos do derbi galego no último suspiro. Os celestes adiantáronse no primeiro tempo cun gol de Maxi Gómez, o décimo quinto do uruguaio esta tempada, un tanto de cabeza que puxo en pé a todo Balaídos. O partido comezou con dominio vigués e con moita intensidade, pero co avance … Continuación

Caluroso recibimento a Sergio no acto da Fundación Celta en Ourense

Ourense brindou un recibimento espectacular ao porteiro celeste Sergio Álvarez. O canteirán acudiu ao Centro Comercial Ponte Vella este xoves da man da Fundación Celta, que estes días se atopa na capital ourensá promocionando o seu labor. Á súa chegada, os asistentes dedicaron unha tremenda ovación ao de Catoira que supuxo o mellor aperitivo para … Continuación

Estreamos reportaxe do Celta Integra na previa da xornada de LaLiga Genuine!

O Celta Integra puxo rumbo a Mallorca este venres. Os celestes viaxan á illa balear para participar na terceira xornada de LaLiga Genuine, unha experiencia espectacular na que, ademais, cultivaron moi bos resultados ata o momento. Con motivo desta nova xornada, a última antes da cita definitiva en Vigo do 8 ao 10 de xuño, … Continuación