O Celta B afronta este domingo un partido clave na súa apaixonante loita polos postos que dan acceso ao play off de ascenso a Segunda División. O filial celeste recibe ás 12.00 horas en Abanca Balaídos ao Deportivo de La Coruña nun encontro que pode reintegrar aos celestes nas posicións punteiras da clasificación.
Para este partido, o club pon a disposición dos abonados entradas a metade do prezo fixado para o público en xeral. Cada abonado pode desde este momento, na páxina web do club co seu ID e Pin, comprar ata un máximo de catro entradas para a grada que desexe a 10 euros cada unha.
Ata o vindeiro venres ás 11 horas, os billetes para o encontro só estarán a disposición dos abonados celestes. Desde ese momento abrirase a venda ao público en xeral cun prezo único de 20 euros, aínda que se manterá activa igualmente a oferta aos abonados ata esgotar existencias.
Os abonados, que poden acceder ao estadio co seu carnet da presente tempada, poden adquirir as entradas a 10 euros AQUÍ
O horario das oficinas de abonados é de lunes a xoves de 10 a 14h e martes e mércores tamén de tarde, de 17 a 19 horas. O domingo abrirán ás 10 horas