A Clínica do RC Celta, situada en A Sede, na rúa do Príncipe, pon en marcha un novo servizo médico cunha gran demanda na actualidade: a Consulta do Sono, que chega avalada por varios anos de traballo e cun claro obxectivo: poñer ao alcance de todos os numerosos beneficios para a saúde dun bo descanso.
Da man de Angel Piñeiro, licenciado en Medicina de Familia e Comunitaria e Isabel Portela, enfermeira especialista en trastornos do soño, a Consulta do Soño da Clínica celeste ofrece: valoración médica, plans individuais de descanso, terapia posicional para evitar o ronquido, poligrafía respiratoria, neuromodulación, terapia cognitivo conductual e mindfulness para insomnio.
Un bo descanso ofrece, ademais dunha mellora xeneral na saúde, incremento da actividade creativa, perda de peso, potenciación da memoria e redución da depresión, entre outras.
Celtismo