O central Joseph Aidoo, que goza dun momento de forma extraordinario, repite como ganador do Premio Estrella Galicia. Foi elixido pola afección celeste como mellor xogador do pasado mes de febreiro e suma así o seu segundo trofeo consecutivo, xa que tamén foi elixido como o celeste máis destacado en xaneiro. O central ghanés ofreceu un gran rendemento nos encontros ante Rayo Vallecano, Cádiz, Levante e Atlético de Madrid, nos que o conxunto celeste só encaixou tres goles.
Tras agradecer a Estrella Galicia e a afección do RC Celta a concesión do galardón, Aidoo destacou que este é importante para él porque premia a súa “constancia e dáme forza”. Recoñeceu que é moi especial que a afección o elexixe mellor xogador do mes: “é xenial, encántame”.
Para rematar, o defensor celeste indicou que o encontro do próximo domingo ante o Betis “é moi importante para min e para todos, é como unha final”.