Baixo a frase ‘RC Celta coa xente do mar’, xogadores e corpo técnico celestes saltaron ao terreo de xogo de Abanca Balaídos cunha camiseta conmemorativa en recordo aos falecidos e desaparecidos do Villa de Pitanxo. Nos prolegómenos do partido ante o Levante UD, correspondente á xornada 25 de LaLiga, tamén se rendeu un sentido minuto de silencio cara á tripulación do pesqueiro galego naufragado a semana pasada en terras canadenses. Sempre no noso recordo, D.E.P.
Celtismo