Dende o RC Celta seguemos a traballar para mellorar a experiencia dos nosos abonados. Unha das vantaxes do abono é o acceso a entradas para os desprazamentos; neste sentido, informamos a continuación do procedemento para solicitar as entradas e poder animar aos nosos polos diferentes estadios de LaLiga.
En que partidos como visitante se ofrecen entradas para os seareiros do RC Celta?
Depende do equipo rival. O RC Celta solicita a cada rival unha cota de entradas para poñer a disposición dos afeccionados celestes. No caso de que exista dispoñibilidade de entradas o comunicamos aos nosos abonados a través de correo electrónico e na nosa web e redes sociais.
Prezo, número de entradas e zona das entradas.
Tanto o prezo como o número de entradas e a zona das mesmas ven dado por el equipo rival. O RC Celta non ten marxe de decisión nestes términos. A recadación é íntegra para o equipo rival.
Quen pode solicitar entradas para os desprazamentos?
Calquera abonado do RC Celta pode comprar unha entrada para cada desprazamento. As entradas están dispoñibles ata esgotar existencias, polo que os abonados que estean interesados nun desprazamento deben estar atentos ás nosas comunicacións para coñecer o momento de posta a venda das entradas. En paralelo, o club reserva unha cota de entradas para a Federación de Peñas co obxectivo de facilitar a asistencia de peñistas do RC Celta que viven noutros territorios. As entradas desta cota xestiónanse directamente a través das diferentes peñas.
Como podo mercar a miña entrada?
A través da nosa plataforma de venta de entradas. Enviaremos para cada desprazamento un recordatorio co ligazón web. Para acceder débese indicar o ID carné + PIN (últimas catro cifras to DNI/CIF). Unha vez realizada a compra recibirase un xustificante da operación. Uns días antes do partido chegará un correo con instruccións para trocar o xustificante pola entrada definitiva en papel que facilita o equipo rival.
Podo recoller a entrada no desprazamento?
O RC Celta ofrecerá a recollida da entrada definitiva tanto na Oficina de Abonados de Abanca Balaídos como na cidade do desprazamento. O detalle desta información facilitarase por correo electrónico aos compradores de cada partido.