A familia celeste reuniuse esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza nun emotivo acto para conmemorar o primeiro ano de vida das instalacións. O consello de administración, encabezado polo presidente, Carlos Mouriño, e unha representación da directiva, empregados, afección e xogadores participaron nunha reforestación con árbores autóctonos na parte inferior da cidade deportiva.
Carlos Mouriño, Manolo, o ‘gran capitán’, e Manoli Adrio, familiar da abonada número uno do club, Alicia Barreiro, protagonizaron a plantación das primeiras árbores e a continuación unha representación de empregados do club completaron a acción na ladeira situada tralos campos de adestramento.
Este sinxelo acto reflicte a vocación e o compromiso do RC Celta co coidado e a protección do medioambiente na Cidade Deportiva Afouteza, que fai uns días cumpriu un ano e que xa acolle o día a día do primeiro equipo do Celta B.
O proxecto da cidade deportiva contempla na súa totalidade a construción de nove campos de fútbol e un edificio que crecerá en torno a eles. Esta construción dará resposta a todas as necesidades do club en todas as súas categorías, á vez que se constituirá como un novo espazo para o lecer e o entretenimiento.