O partido no Martínez Valero deixou unha ampla nómina de xogadores con incidencias físicas, o caso máis destacado o de Brais Méndez. O centrocampista celeste formaba parte da convocatoria de España para a Final Four da Nations League, cita á que finalmente non poderá acudir por un traumatismo e escordadura no nocello esquerdo.
Os outros futbolistas que finalizaron o encontro en Elche afectados son Tapia (sobrecarga xemelgos), Murillo (molestia isquio dereito), Araújo (contusión nocello esquerdo) e Nolito (contusión nocello dereito).