É un exemplo para o RC Celta e a súa canteira, motivo de orgullo e emblema do club celeste. Hugo Mallo sumou ante o Athletic Club o seu partido oficial número 400 co primeiro equipo, unha cifra sobresaliente para o capitán céltico, quen xa ostentaba o segundo posto como xogador con máis partidos oficiais na historia do RC Celta. Unha lenda, Manolo, continúa na primeira posición con 533 encontros neste rexistro.
O de Marín leva toda unha vida de paixón e entrega pola camiseta celeste, un auténtico “One Club Man” que prosegue agrandando a súa lenda. Ao termo do partido ante o Athletic en Abanca Balaídos, correspondente á terceira xornada de LaLiga 21/22, o capitán recibiu de mans do vicepresidente Ricardo Barros unha camiseta conmemorativa. Orgullo de capitán! Orgullo de canteira!