O seleccionador nacional Luís Enrique incluíu na súa convocatoria para os partidos de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 a un futbolista do RC Celta, Brais Méndez, quen participará coa Selección Española en tres decisivos encontros clasificatorios ante Suecia, Georgia e Kosovo.
Case tres anos logo da súa última aparición no combinado nacional, o canteirán celeste volve a unha convocatoria oficial e nesta ocasión como integrante do equipo que competirá para clasificar a España para o Mundial de Qatar ante Suecia, o día 2 de setembro en Solna, ante Georgia, o día 5 en Badajoz, e ante Kosovo o 8 en Pristina.
Brais Méndez foi convocado por primeira vez coa Selección Española o 8 de novembro de 2018 e debutó o día o 18 dese mesmo nun partido amistoso contra Bosnia Herzegovina no Estadio de Gran Canaria. O céltico foi o autor do único gol do encontro.