O RC Celta incorpora ao xornalista Marco Rocha (Melum, 1977) como novo director de comunicación e contidos do club coa misión de potenciar e fortalecer a imaxe de marca e as canles comunicativas e para traballar de xeito conxunto cos áreas comercial e de márketing.
Rocha é natural de Ourense. Licenciado en Ciencias da Información na Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA) e en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid (UCM), o novo cargo celeste conta cunha sólida e contrastada experiencia no mundo da comunicación.
Durante cinco anos foi director de comunicación online da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) onde ideou e creou o primeiro medio dedicado íntegramente a unha selección de fútbol: Sefutbol.com / @Sefutbol. Un modelo de éxito único copiado pola maioría das federacións de todo o mundo.
Ademais, Rocha foi un dos reporteiros fundadores do programa España Directo (TVE) e traballou en Informativos Telecinco, onde cubriu o Mundial de Sudáfrica 2010 e o Mundial de MotoGP.