O club iniciou esta semana a rexeneración do terreo de xogo de Abanca Balaídos, un proceso habitual ao termo da tempada e que permite combater o desenvolvemento da mala herba común. O proceso de substitución comezou retirando o tapete a unha profundidade de 1,5 centímetros para, posteriormente, realizar a seméntaa do novo céspede. Esta medida tamén permitirá mellorar a infiltración superficial do campo.