A partir do luns 28 de xuño poderás gozar dunha nova edición dos Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá que durante seis semanas sen interrupción levarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda a xeografía galega.
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos técnicos da canteira do RC Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral, e moita diversión.
E todo baixo o control dun protocolo COVID, segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de fútbol, adestramentos da canteira,…) e con extraordinarios resultados.
As inscricións están abertas desde o 6 de maio. Anótate canto antes, xa que as prazas son limitadas.
SEDES, DATAS E HORARIOS
Todos os campus desenvolveranse desde as 9:45 ata as 13:45. Entre as 9:30 e as 9:45 levarán a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:45 e as 14:00 levarán a cabo os protocolos de saída.
As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:
- VIGO
-
- A Madroa (Instalacións Cidade Deportiva A Madroa)
- Do 28 de xuño ao 3 de xullo
Do 5 ao 10 de xullo
Do 12 ao 17 de xullo
Do 19 ao 24 de tullo
Do 26 ao 31 de xullo
Servizos adicionais: Plan madruga, fotos, comedor e autobús
Coia (Campo Federativo de Coia)
Do 5 ao 9 de xullo
Do 12 ao 16 de xullo
Servizos adicionais: plan madruga e fotos
PONTEVEDRA
-
- Los Sauces Pontevedra (Campo de Campañó)
- Do 5 ao 9 de xullo
- Servizos adicionais: consultar en colexio
-
- A Estrada (Campo Novo Municipal de A Estrada)
- Do 28 de xuño a 2 de xullo
- Escola Denis Suárez (Campo Penedo Redondo/ A Gándara, Salceda de Caselas)
- Do 5 ao 9 de xullo NOVAS PRAZAS DISPOÑIBLES
- Colexio Marcote – Mondariz Balneario (Campo Municipal de A Lagoa, Mondariz)
- Do 5 ao 10 de xullo
- Servizos adicionais: Campus interno
- Lalín (Campo Manuel Ánxo Cortizo)
- Do 12 ao 16 de xullo
- Val Miñor – Nigrán (Campo Municipal Condomínguez)
- Do 12 ao 16 de xullo
-
- Ribadumia (Campo de fútbol A Senra)
- Do 26 ao 30 de xullo
- Vilagarcía (Campo Manuel Jiménez)
- Do 19 ao 23 de xullo
-
- LUGO
Monforte de Lemos (Campo Luis Bodegas)
Do 2 ao 6 de agosto
Mondoñedo (Campo Viñas da Veiga)
Do 12 ao 16 de xullo
Barreiros
(Campo O Cascabeiro, San Cosme de Barreiros)
Do 2 ao 4 de agosto
(Campo de As Valgas, San Miguel de Reinante)
Do 5 ao 6 de agosto
- A CORUÑA
-
- Oroso – Sigüeiro (Campo Municipal Lino Balado)
- Do 28 de xuño ao 2 de xullo
- Ares (Campo Prados Vellos)
- Do 19 ao 23 de xullo
- Ribeira (Campo Municipal A Fieiteira)
Do 16 ao 20 de agosto
- OURENSE
- Pabellón Ourense (Campo Os Remedios).
- Do 28 de xuño ao 2 de xullo NOVA DATA DISPOÑIBLE
- Pabellón Ourense (Campo Os Remedios).
- Do 5 ao 9 de xullo PRAZAS ESGOTADAS
-
- Xinzo de Limia (Campo José Antonio Fernández)
- Do 2 ao 6 de agosto
IMPORTANTE: estas sedes levaranse a cabo a condición de que a situación epidemiolóxica o permita e se complete o número mínimo de nenos/ as acordado para cada unha das sedes. A medida que se vaian concretado máis sedes informarase inmediatamente das mesmas.
Lembra que se o campus é un agasallo, podes solicitar a tarxeta regalo dixital en comunicacion@fundacioncelta.com ou chamando ao 986 213 676!
Para obter máis info sobre os campus accede á seguinte ligazón
Para tramitar a inscrición pica aquí