Importantes novidades no parte médico do RC Celta tralo adestramento desta tarde no Estadio de Abanca Balaídos. O atacante Augusto Solari recibiu a alta médica e estará dispoñible para o partido deste domingo ante o Cádiz.
Ademais, o dianteiro Facundo Ferreyra adestrouse con normalidade co grupo lucindo unha máscara personalizada realizada e diseñada na Clínica do RC Celta, onde estivo nas últimas horas para efectuar medicións e así garantir o axuste perfecto deste elemento protector.