RC Celta e Athletic empataron este domingo en Abanca Balaídos (0-0) nun encontro con moi poucas ocasións de gol e onde se impuxeron as defensas aos ataques. Ambos os equipos continúan empatados na clasificación.
O partido arrincou cun ritmo moi alto por parte dos dous equipos. O RC Celta circulaba con velocidade a pelota mentres que o Athletic Club trataba de saír rápido á contra. Aínda que a presenza en campo rival era alta, as ocasións non chegaban.
O primeiro en tentalo foi Iago Aspas cun lanzamento de falta que saíu por encima da portaría. Tamén Brais e Santi Mina tiveron o primeiro gol pero os seus lanzamentos saíron desviados. O equipo vasco, ben ordenado, pouco inquietou a Iván na primeira metade.
Na segunda metade o conxunto celeste seguiu buscando ese gol que lle permitise asegurar o tres puntos, pero o equipo vasco defendeuse con orde e apenas concedeu ocasións de gol, mentres que a defensa celeste mostrouse firme nas poucas internadas branquivermellas.
No tramo final, os homes de Coudet, grazas á entrada de xogadores desde o banco, cargaron a área con centros e pases pero non puideron bater a portaría de Unai Simón.
FICHA TÉCNICA
0 – RC Celta: Iván Villar, Kevin, Araújo (Aidoo, min 84), Murillo, Aáron, Tapia, Denis Suárez (Beltrán, min 76), Brais Méndez, Nolito (Augusto, min 76), Aspas, Santi Mina (Ferreyra, min 66).
0 – Athletic Club: Unai Simón; Lekue, Núñez, Yeray, Balenziaga; Berenguer (De Marcos, min 79), Dani García, Unai López (Vencedor, min 68), Morcillo (Ibai, min 86); Villalibre (Williams, min 68), Raúl García (Muniaín, min 46)
Árbitro. Jaime Latre (Aragón). Amoestou a Santi Mina, Kevin, Murillo (RC Celta) e a Lekue (Athletic).
Campo: Abanca Balaídos