Son tres puntos de ouro. A vitoria asinada polo Celta B en casa da SD Compostela supón un importante salto para os de Onésimo na carreira por conseguir entrar na fase de ascenso a Segunda División. Os celestes derrotaron aos santiagueses cun dobrete de Manu Justo e xa suman 27 puntos. A falta de finalizar a xornada, o equipo vigués ocupa a segunda posición da clasificación e evita matematicamente a posibilidade de caer en prazas de promoción de descenso.
Triunfo moi traballado do conxunto céltico. O partido pronto púxose pronto a favor con dous goles temperáns de Manu Justo: o primeiro no minuto cinco a pase de Josipovic na que era a primeira chegada do Celta B á área rival, e o segundo no minuto nove asistido por Sergio Carreira. A SD Compostela non quedou de brazos cruzados e reaccionou con forza aos tantos vigueses. O porteiro costarriqueño Patrick Sequeira tivo que render ao máximo para evitar que o rival recortase distancias, algo que se fixo inevitable pouco antes do descanso, cando Miki puxo o 1-2 no marcador.
A segunda parte foi de novo esixente para o Celta B, que tivo pouco pero claras ocasións que non logrou aproveitar. Os locais fixeron o imposible por igualar, pero o conxunto adestrado por Onésimo logrou imporse con esforzo, disciplina e suor. O filial do RC Celta recibe a próxima xornada ao RC Deportivo en Barreiro, o penúltimo partido de liga e que por tanto preséntase como clave para lograr acceder á promoción de ascenso.
FICHA TÉCNICA
1-SD Compostela: Guillén, Saro, Álvaro Casas, Bicho, David Soto, Miki, Josiño, Jimmy, Samu, Brais Abelenda, Juampa.
2-Celta B: Sequeira, Carreira, Ferrarés, Cunha, Carlos, Markel, Diego (Solís, min.59), Losada (Pampín, min.74), Justo (Lautaro, min.79), Miguel (Veiga, min.59), Josipovic (Soni, min.59).
Goles: Manu Justo (min.5, 0-1), Manu Justo (min.9, 0-2), Miki (min.43, 1-2).
Campo: Vero Boquete.