beltran.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta perdoa ao Valladolid (0-0)

RC Celta

O RC Celta empatou este mércores en Valladolid (0-0) nun encontro no que case non houbo ocasións e no que o porteiro local detivo un penalti a Iago Aspas. Os xogadores celestes foron superiores ao seu rival durante boa parte do partido.

A primeira metade estivo caracterizada polo xogo no centro do campo. Ambos equipos tentaron facerse coa posesión de balón e as ocasións apenas se produciron. A máis clara dos xogadores tívoa Smolov tras unha brillante xogada persoal.

Na segunda parte o equipo de Óscar García fíxose co control e súas foron as xogadas de maior perigo. Entre elas un penalti que Masil pe detivo a Iago Aspas no minuto 70.

FICHA TÉCNICA

0 – R. Valladolid: Masip, Moyano, Joaquín, Salissu, Nacho, Alcaraz, Toni Villa (Waldo, min 74), Míchel (San Emeterio, min 61), Plano (Hervías, min 61), Guardiola (Ben Arfa, min 74) y Unal

0 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin (Brais, min 91), Aidoo, Murillo, Araujo, Olaza, Okay, Beltrán, Rafinha, Smolov (Denis, min 63) y Aspas

Árbitro: Gil Manzano (Extremadura). Amoestou a Joaquín, Alcaraz, Waldo  (R. Valladolid) e Okay, Smolov, Murillo (RC Celta)

Campo: José Zorrilla

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas