O RC Celta B pechou a contratación do prometedor defensa senegalés Souleymane Cissé, espigado central que chega procedente do Stade de Mbour. Souleymane Djimou Cissé (Senegal, 1999) é internacional Sub-20 co seu país e recentemente participou no Mundial da categoría, onde realizou unha notable actuación. O novo defensa do filial celeste, que asina por cinco tempadas, destaca pola súa disciplina e contundencia. Ademais, o seu poderío físico convértenlle nunha ameaza a balón parado xa que sae gañador da maioría de duelos no xogo aéreo.