O primeiro equipo do RC Celta, co adestrador Fran Escribá ao fronte, volverá ao traballo o próximo 8 de xullo na Madroa, tras realizar probas médicas nos días previos. Así o avanzou o presidente Carlos Mouriño no encontro cos medios de comunicación que protagonizou este venres no Salón Rexio de A Sede.
O mandatario celeste tamén adiantou que, tras os primeiros días de preparación, é moi probable que o equipo volva concentrarse na Toxa, como xa sucedeu o pasado verán. A formulación inicial é que o cadro celeste dispute seis partidos de preparación, dos cales dous se xogarán en Inglaterra ou Alemaña. Por último, Carlos Mouriño confirmou a data do próximo Trofeo Memorial Quinocho: o 10 de agosto en Abanca Balaídos
.