O canteirán celeste Iago Aspas foi titular con España en Wembley, o mesmo escenario onde debutou co combinado español o 15 de novembro de 2016. O de Moaña gozou de 67 minutos sobre o terreo de xogo ante Inglaterra nun partido que finalizou cun marcador dun a dous a favor de España.
Leste foi o décimo cuarto encontro de Aspas coa Selección Española, o que lle converte no xogador que máis veces xogou con ‘La Roja’ mentres era futbolista do RC Celta, superando a Manuel Agudo ‘Nolito’ (13 partidos). O dianteiro galego tamén é o futbolista celeste que máis goles marcou con España (6).