viaje-inglaterra-aeropuerto-peinador-vigo-celta-pione-sisto-310718.jpg
Primeiro Equipo

Pione Sisto únese á concentración da selección danesa

RC Celta

O RC Celta suma un novo internacional. O atacante celeste Pione Sisto concéntrase desde hoxe coa Selección de Dinamarca de cara ao partido da UEFA Nations League que o combinado danés disputa este domingo ante Gales en Aarhus.

O céltico xa fora convocado para o partido ante Eslovaquia do pasado mércores, pero un conflito entre o sindicato de xogadores e a federación danesa provocou a ausencia dos futbolistas seleccionados. Unha vez resolta a situación, Sisto viaxou á concentración da súa selección. En total son sete os xogadores do RC Celta con compromisos internacionais durante setembro.

Pione Sisto (Dinamarca)

UEFA Nations League: Dinamarca-Gales (Aarhus, 09.09)

Iago Aspas (España)

UEFA Nations League: Inglaterra-España (Londres, 08.09)

UEFA Nations League: España-Croacia (Elche, 11.09)

Okay (Turquía)

UEFA Nations League: Turquía-Rusia (Trabzon, 07.09)

UEFA Nations League: Suecia-Turquía (Estocolmo, 10.09)

Lobotka e Mazán (Eslovaquia)

Amistoso: Eslovaquia-Dinamarca (3-0)

UEFA Nations League: Ucrania-Eslovaquia (Lviv, 09.09)

Brais Méndez (España Sub-21)

Clasif. Europeo: España-Albania (3-0)

Clasif. Europeo: España-Irlanda do Norte (Albacete, 11.09)

Jensen (Dinamarca Sub-21)

Clasif. Europeo: Dinamarca-Finlandia (Aalborg, 07.09)

Clasif. Europeo: Lituania-Dinamarca (Gargzdai, 11.09)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas