O director de Seguridade e Instalacións do RC Celta, Jullo Vargas, recibiu no transcurso dunha gala que a Delegación do Goberno en Galicia celebrou no Teatro Afundación da Coruña unha Mención Honorífica Tipo A, a terceira que obtén, outorgada pola Jefatura Superior de Policía de Galicia.
Con anterioridade, Vargas recibira estas distincións a proposta do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil.