O Celta B refórzase no mercado invernal cunha nova promesa do fútbol macedonio, o lateral esquerdo Din Alomerovic, de 20 anos de idade e internacional sub-18, sub-19 e sub-20 no seu país.
O defensor, que tamén xogou numerosos partidos en posicións máis adiantadas, procede do Fuenlabrada e ofrece unha destacada calidade técnica, gran solvencia en defensa e soltura e eficacia cando se incorpora en ataque. Alomerovic será celeste dúas tempadas e media.