O RC Celta dedicou este venres unha merecida homenaxe aos padeeiros galegos Manuel Garrido, Óscar Graña, Ramón Ferro, Ton Campos e José Manuel Sánchez nos prolegómenos do partido de Liga ante o Leganés.
O tres primeiros, membros do Club Kayak Tudense, proclamáronse subcampións do mundo o pasado verán na especialidade de canoa, modalidade de maratón. Ademais, Manuel Garrido tamén logrou a medalla de bronce no europeo. Tono Campos e José Manuel Sánchez, padeeiros do Breogán do Grove, súmanse á homenaxe polos seus notables éxitos internacionais tamén na especialidade de canoa.
Cada un deles recibiu unha camiseta conmemorativa personalizada cos seus nomes.