cantera-madroa-celta-vigo-abrazo.jpg
Fundación

Campaña informativa na canteira sobre o uso responsable da auga

RC Celta

O RCCelta pon en marcha nas instalacións da Madroa unha campaña de información e sensibilización destinada aos xogadores das categorías inferiores e ás súas familias para destacar a necesidade de facer un uso responsable e racional da auga.

O club entrega a cada xogador, para que llo faga chegar tamén á súa familia,  unha nota informativa na que se detalla o problema que a día de hoxe existe en Galicia debido a que 2017 é o ano máis seco da historia, Na nota realízanse ademais unha serie de recomendacións de fácil posta en práctica no día a día para paliar o problema da escaseza de auga.

O club realizará tamén charlas destinadas a cada equipo antes do adestramento para responsabilizar aos xogadores e explicarlles a situación actual e tomará medidas concretas e ejemplarizantes nas Instalacións da Madroa, entre elas limitar o uso da auga nas duchas e na rega dos campos.

A campaña completarase coa proxección de diversos vídeos sobre o uso responsable da auga.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas