Robert Costa, futbolista do Celta B, foi intervido cirurxicamente este martes no Hospital Vithas Fátima por unha fractura do chan da órbita do ollo dereito e das paredes do seo maxilar superior dereito. O xogador sufriu unha cotenada nun salto cun rival durante a disputa do partido Celta B-Toledo do pasado domingo.
Os servizos médicos do RC Celta estiman un tempo de baixa aproximado dun mes e avanzan que, unha vez reciba o alta, o futbolista deberá usar unha máscara de protección nos primeiros adestramentos e partidos nos que participe. O club desexa a Robert unha pronta e total recuperación. Ánimo!