O canteirán celeste Diego Pampín vive unha tempada tremendamente especial. Aos seus dezasete anos, realizou a pretempada co primeiro equipo e tivo protagonismo nos distintos encontros de preparación do conxunto de Juan Carlos Unzué, quen o incluiu na recente convocatoria do encontro ante o Alavés. Ademais de ser un fixo no once do Celta B, o é tamén na Selección Española Sub-17.
Pampín forma parte da convocatoria do combinado nacional para o partido que disputará ante México o próximo 21 de setembro. Deste xeito, o canteirán celeste aséntase entre os novos valores da Selección Española Sub-17, coa que debutó, con gol incluído, fai doce meses e da que formou parte desde entón.