A RFEF sorteou este mércores o calendario da Segunda División B. O Celta B iniciará a competición ligueira como local ante un do cinco rivais galegos cos que esta tempada comparte grupo, o Pontevedra CF. A falta de confirmación do horario, o primeiro partido do filial celeste disputarase en Barreiro o próximo 20 de agosto.
Xa o 24 de setembro, coincidindo coa sexta xornada, Barreiro acollerá un emocionante duelo vigués entre o Celta e o Rápido de Bouzas, sen dúbida unha data marcada en vermello no calendario de moitos cidadáns olívicos do mesmo xeito que o encontro de volta no Baltasar Pujales, fixado para o 11 de febreiro con motivo da xornada 25. O outro derbi vigués, ante o Coruxo, disputarase nas xornadas 14 e 33.
Será unha campaña chea de partidos entre clubs galegos. O filial céltico medirase ao Cerceda nas xornadas 7 e 26, ao RC Ferrol nas xornadas 11 e 30 e ao Deportivo B nas xornadas 16 e 35. Consulta o calendario completo AQUÍ.
Celta B – Pontevedra CF
Xornada 1 (20.08.17)
Xornada 20 (7.1.18)
Celta B – Rápido de Bouzas
Xornada 6 (24.09.17)
Xornada 25 (11.2.18)
CCD Cerceda – Celta B
Xornada 7 (1.10.17)
Xornada 26 (18.2.18)
RC Ferrol – Celta B
Xornada 11 (29.10.17)
Xornada 30 (18.3.18)
Celta B – Coruxo FC
Xornada 14 (12.11.17)
Xornada 33 (8.4.18)
Celta B – Deportivo B
Xornada 16 (26.11.17)
Xornada 35 (22.4.18)