O centrocampista celeste Borja Fernández xogará a campaña 2017/2018 no CF Reus Deportiu de Segunda División tras o acordo alcanzado entre o club catalán e o RC Celta para a cesión do xogador durante unha tempada. O RC Celta desexa a Fernández o maior dos éxitos nesta nova etapa da súa carreira profesional.