Primeiro Equipo

LIGA | O Celta empata ante a Real Sociedad no peche dunha campaña histórica (2-2)

RC Celta

abrazototoaspas210517.jpg

O Celta empatou 2-2 ante a Real Sociedad nun encontro no que os donostiarras se xogaban a clasificación a Europa e que se decidiu con tres goles no últimos dez minutos de xogo. Ao termo do encontro, Balaídos rendeuse ante Eduardo Berizzo cunha sonora ovación. O técnico arxentino deixa o banco celeste tras tres tempadas magníficas, cheas de orgullo, soños e paixón. Grazas Toto!

 

Primeiro tempo igualado, con opcións para ambos os equipos aínda que máis claras para a Real Sociedad. Sergio asinou un par de extraordinarias paradas e Cabral salvou o gol vasco sobre a liña de gol.

 

Tras a continuación o Celta tomou o control do partido e foi superior. Iago Aspas adiantou aos vigueses desde o punto de penalti, un tanto que dedicou a Eduardo Berizzo. Na recta final do choque, cando o conxunto olívico tiña máis controlado o xogo, chegou a tolemia a Balaídos.

 

No minuto 81 Oyarzabal puxo o empate tras recibir só na área, no 90 Hjulsager asinou un auténtico golazo cun remate á escuadra que parecía sentenciar o partido… e no último segundo do desconto, Juanmi apareceu para marcar o definitivo 2-2 a saque de esquina, unha diana que dá á Real Sociedad a clasificación á Europa League.

 

Co asubío final as bancadas do estadio celeste rendéronse ante Berizzo, dedicándolle unha sonora ovación ao que foi técnico do RC Celta durante tres tempadas nas que o celtismo soñou sen límites. Grazas Toto!

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Sergio, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Jonny, Marcelo Díaz, Wass (Hjulsager, min.70), Pablo Hdez., Iago Aspas, Sisto (Pape, min.83), Guidetti (Jozabed, min.45).

2-R.SOCIEDAD: Rulli, Illarra, Íñigo Martínez, Xabi Prieto, Carlos Vela (Canales, min.55), Willian José (Juanmi, min.65), Aritz, Zurutuza, Oyarzabal (Bautista, min.88), Yuri, Odriozola.

Goles: Iago Aspas, de penalti (1-0, min.54); Oyarzabal (1-1, min.81); Hjulsager (2-1, min.90); Juanmi (2-2, min.93).

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Cabral, Roncaglia (Celta); Illarra (Real Sociedad).

Campo: Balaídos (14.188 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas