O RC Celta concluíu a decoración da zona do corredor de vestuarios do Estadio de Balaídos, onde o club apostou por darlle protagonismo a xogadores e afección. O Celta dispuxo diversas fotografías retroiluminadas en textil con frases de motivación e pintado as paredes para combinalas con vinilos. O club mostrou o seu traballo en Facebook cun vídeo en directo coincidindo coa chegada dos futbolistas ao estadio.