Inmellorable noticia para o RC Celta e a súa afección. O canteirán Iago Aspas será celeste ata o ano 2022 unha vez renovado o seu contrato co club vigués. O Celta sela desta maneira a súa vinculación co dianteiro internacional, un gran referente para a canteira e peza clave no primeiro equipo, para compartir un futuro tremendamente ilusionante.