O centrocampista Jozabed Sánchez, única fichaxe invernal do Celta até o momento, debutou co equipo vigués este domingo en Anoeta. O futbolista andaluz foi titular no partido de Liga ante a Real Sociedade e mantívose no terreo de xogo até o minuto 67, cando foi substituído por Radoja.
Aínda que, loxicamente, falto de ritmo, Jozabed deixou detalles da calidade que atesoura nas súas botas e preséntase como un xogador a ter moi en conta.