Primeiro Equipo

UEL | O RC Celta e a súa afección, a manter vivo o soño europeo: entradas á venda dende 10 euros

RC Celta

rossistacel1617.JPG

 

BILLETEIRAS/OFICINA DE ABONADOS

Teléfono: 986.213.230 / 986.213.234

abonados@celtavigo.net

www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

Manter vivo o soño europeo é posible, está ao alcance da man do RC Celta e da súa afección. O equipo vigués recibe o xoves 24 de novembro ao Standard de Liege nun partido crucial para o pase aos dezaseisavos da Europa League. Para este encontro, no que o apoio da bancada será determinante, os afeccionados poden adquirir entradas desde 15 euros en categoría adulto e 10 en sub-25. As entradas xa están á venda nos despachos de billetes do estadio e online a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta.

O RC Celta chega á fase decisiva da fase de grupos da UEL coas súas opcións intactas, coa posibilidade de acceder aos dezaseisavos de final cunha vitoria en Balaídos. A cita será o xoves 24 do presente mes, o rival, o Standard de Liege.

 

O equipo e a afección poden dar este paso xuntos, cun Balaídos que impulse o soño europeo como tantas veces fixo. As entradas están xa á venda nos despachos de billetes de Balaídos e online con prezos rebaixados.

 

precios091116.JPG

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas