O bo rendemento ofrecido por Fabián Orellana no derbi galego non pasou despercibido para EA Sports, que incluíu ao xogador chileno no equipo da semana do videoxogo FIFA17. Orellana, autor dunha asistencia e un gol ante o Deportivo, recibiu un trofeo conmemorativo, unha camiseta, un cartón con 12.000 ‘FIFA points’ para gastar no modo FIFA Ultimate Team do videoxogo e unha edición da FIFA17 personalizada co escudo do RC Celta.