Celta e Valladolid mídense este xoves ás 19:00 (hora local) no Centro de Estágios de Melgaço, unhas instalacións dabondo coñecidas polos celestes xa que o equipo vigués realizou a pretempada neste enclave durante varias tempadas. A tan só 1 hora en coche desde Vigo, o partido en Melgaço preséntase como unha gran oportunidade para que os afeccionados célticos poidan presenciar o progreso do equipo tras as primeiras semanas de adestramentos, co engadido de enfrontarse a un conxunto dirixido por unha figura especial para o celtismo: Paco Herrera.
As entradas, cun custo de 5€, poden adquirirse o día do partido nas billeteiras do Centro de Estágios de Melgaço.