Primeiro Equipo

O Celta parte este luns cara Uruguai con 20 xogadores

RC Celta

banderauruguay.jpg

 

O Celta pon rumbo a Uruguai este luns para formar parte por primeira vez dunha experiencia LFP World Challenge no que está previsto que participen o club vigués, o Deportivo da Coruña e os uruguaios Nacional e Peñarol.

 

Vinte xogadores integran a expedición céltica que durante unha semana concentrarase en Montevideo: Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Lemos, Jonny, Cabral, Sergi Gómez, David Costas, Planas, Radoja, Wass, Bongonda, Drazic, José Naranjo, Iago Aspas, Borja Fernández, Borja Iglesias, Pape Cheikh, Diego Alende e Brais Méndez.

 

Os celestes saen de Peinador esta tarde ás 17:40, farán escala en Madrid e chegarán á capital de Uruguai ao redor das 07:20 do martes (hora local). A expedición céltica aloxarase nun céntrico hotel da capital uruguaia, o Radisson Montevideo, e continuará coa intensa preparación física marcada por Berizzo e o seu corpo técnico no Complexo Uruguai Celeste, centro de adestramento da Selección Uruguaia. Este moderno complexo deportivo conta con catro campos regulamentarios de céspede natural, un de herba sintética, zonas para traballos específicos, ximnasio e diferentes áreas de recreo.

 

O domingo 24 o RC Celta iniciará a viaxe de regreso. Tras facer escala en Buenos Aires e Madrid, a expedición celeste chegará a Vigo ao redor das 08:45 do luns 25 de xullo, Día de Galicia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas