Primeiro Equipo

O Lugo remonta ao Celta e lévase o partido conmemorativo do 90 aniversario do Gran Peña

RC Celta

celtalugo4

 

Intensa calor e un gran ambiente no partido conmemorativo do 90 aniversario da Gran Peña, no que Celta e Lugo ofreceron un partido intenso e entretido aínda coas limitacións propias destas alturas de pretemporada. Brais adiantou aos celestes na primeira metade e Miquel e Pita, en dúas xogadas a balón parado, déronlle a volta ao marcador na segunda.

 

Brais Méndez abriu o marcador ao tres minutos cun gran disparo desde a frontal pegado ao pau dereito de Roberto. O tanto, espectacular, deu paso a un claro dominio dun Celta cunha gran mobilidade e bo manexo do coiro.

 

Os celestes, que penas sufriron en defensa, dispuxeron dalgunhas boas chegadas, con protagonismo para Drazic, o goleador Brais e Iago Aspas, pero non lograron aumentar a súa vantaxe até o descanso.

 

Tras a continuación, con dez cambios no Celta e varios no Lugo, o cadro celeste mantivo o dominio e protagonizou de novo os mellores achegamentos a porta. Cunha presión adiantada e firme, o Celta dificultou a saída de balón do Lugo e evitou que a zaga celeste pasase apuro algún. Con todo, aos 18 minutos, os lucenses empataron a balón parado. Primeira chegada e cabezazo á rede de Miquel á rede.

 

Tras o empate o partido abriuse, con oportunidades repartidas e máis igualdade. O Lugo volveu acertar a balón parado, Pita cabeceou aos 37 minutos un córner para adiantar aos lucenses, que finalmente levaron a vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Serio, Hugo Mallo, Cabral, David Costas, Planas, Wass, Pape Cheikh, Brais Méndez, Bongonda, Drazic e Iago Aspas. Na segunda parte xogaron Rubén, Jonny, Sergi Gómez, Alende, Lemos, Gus Ledes, Borja Fernández, Brais, Naranjo, Pedro Martin e Borja Iglesias  

 

2-CD Lugo: Roberto, Leuko, Marcelo, Carlos Hernández, Igor Martínez, Seoane, Campillo, Manu, Mario Barco, Pedrosa y Duque. Tamén xogaon Iriome, José Juan, Yelko Pino, Dealbert, Miquel, Joselu, Pedro, Keko, Asier e Cacharrón

 

Árbitro: Rubén Extremadura

 

Goles: 1-0, min.3: Brais Méndez; 1-.1, min.63: Miquel; 1-2. min.83: Pita

 

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas