A Cidade do Fútbol de Las Rozas acolleu este venres o sorteo do calendario de LaLiga 2016/2017, un acto no que o RC Celta estivo representado polo presidente céltico Carlos Mouriño. O equipo vigués iniciará a nova tempada como local ante o CD Leganés o fin de semana do 21 de agosto, un partido histórico ao tratarse do debut do club madrileño na máxima categoría do fútbol español. Os celestes pecharán o campionato ligueiro en casa ante a Real Sociedad.
O derbi galego ante o RC Deportivo, unha das citas do calendario celeste, xogarase en Balaídos na xornada 9 o 23 de outubro e en Riazor na xornada 28, o 19 de marzo.
INICIO | X1: Celta-Leganés
X2/X21: R.Madrid-Celta
X3/X22: Celta-Atlético
X7/X26: Celta-Barcelona
X9/X28: Celta-Deportivo
FIN | J38: Celta-Real Sociedad
Podes consultar o calendario completo de La Liga AQUÍ.