A pretempada do Celta B arrincou este luns na Madroa coa primeira sesión de adestramento tras o período vacacional. Ao filial celeste agárdalle un intenso calendario de preparación con, ata o momento, sete partidos amigables confirmados: Mondariz, Portonovo, Estoril, Pontevedra, Limianos, Céltiga e Arousa.
O adestrador Alejandro Menéndez conta nesta volta ao traballo con dúas caras novas, os defensas Adri Castelán e Robert Costa, primeiros reforzos do filial para a tempada 2016/17. Ademais, o técnico celeste iniciou a pretempada do Celta B cunha ducia de futbolistas do equipo xuvenil baixo as súas ordes.
Amigables confirmados
Xoves 21/07: Mondariz v Celta B (21h, Mondariz)
Domingo 24/07: Portonovo v Celta B (20h, Sanxenxo)
Mércores 27/07: Estoril v Celta B (20h, Areas)
Sábado 30/07: Celta B v Pontevedra (19h, Moraña)
Mércores 03/08: Limianos v Celta B (20h Portugal, Melgaço)
Sábado 06/08: Céltiga v Celta B (20h, Illa de Arousa)
Mércores 10/08: Arosa v Celta B (20h, Vilagarcía)