Ante a imposibilidade de disputar o Memorial Quinocho a mediados do próximo mes por mor das obras que se realizan no Estadio de Balaídos, que obriga a aprazar este tradicional trofeo, o Real Club Celta pechou un interesante partido de preparación ante un histórico do fútbol alemán. Os celestes mediranse ao Eintracht de Frankfurt o día 14 de agosto no Commerzbank-Area (Frankfurt) con motivo da Frankfurt Main Finance Cup 2016.
O Eintracht de Frankfurt, que disputa a Bundesliga, é un dos clubs históricos de Alemania, onde conquistou unha Liga e catro Copas. Foi ademais campión da Copa da UEFA e subcampeón da Copa de Europa.
O encontro ante o Eintracht dispútase o domingo 14 de agosto ás 15.00 horas.