Primeiro Equipo

Beauvue reforza o seu traballo de recuperación coa tecnoloxía avanzada da Clínica Arthros

RC Celta

beauvue-arthros-1.jpg

 

Dous meses e medio despois de ser operado por unha rotura do tendón de Aquiles da perna dereita, o atacante Claudio Beauvue continúa progresando na súa recuperación. A pesar de que a pretemporada non comeza até o vindeiro luns, o atacante, lesionado ante o Real Betis en Balaídos, traballa a diario na Madroa co obxectivo de regresar aos terreos de xogo a pleno rendemento.

 

Os servizos médicos do RC Celta optaron por complementar os coidados do seu equipo médico e de fisioterapia coa tecnoloxía punteira da Clínica Arthros, na que xa se trataron con anterioridade outros futbolistas celestes.

 

A Clínica Arthros do Dr. Otero Vich conta cun dos sistemas terapéuticos máis sofisticados na recuperación de lesións do aparello locomotor, o Tapiz Rodante Anti-Gravidade Alter-G. Con tecnoloxía deseñada pola NASA, a cinta antigravitatoria permite reducir o peso da persoa entre un 20% e un 80% da súa masa corporal, diminuíndo a forza de impacto das pernas co chan e atenuando considerablemente o sufrimento dos músculos e articulacións situadas por baixo da cintura.

 

O futbolista guadalupeño combina este tratamento coa denominada Terapia sen carga Intermitente, capaz de crear un efecto anti-gravitatorio no organismo que permite activar a circulación sanguínea e que actúa favorablemente na lesión descargando a inflamación.

 

beauvue-arthros-2.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas