Primeiro Equipo

Marcelo Díaz, Tucu e Orellana levantan a Copa América Centenario con Chile

RC Celta

chilecampeoncopacentenario.jpg

 

Chile volveuno a conseguir. A campioa da Copa América 2015 proclamouse vencedora da edición ‘Centenario’ do torneo continental ao derrotar a Arxentina nos penaltis (2-4) logo dun partido que finalizou en empate sen goles. Desta forma, os xogadores celestes Marcelo Díaz, Pablo ‘Tucu’ Hernández e Fabián Orellana suman un valioso trofeo ao seu palmarés, un título único por tratarse da copa que celebra os cen anos de existencia da Copa América.

 

Marcelo Díaz regresou á titularidade na final. O centrocampista céltico superou as molestias físicas que arrastraba nos últimos días para chegar a pleno rendemento nunha cita histórica. Con todo, cando apenas corría o minuto 28 de xogo, o colexiado mostrou a segunda amarela a Díaz. A Selección Chilena resistiu e, antes do descanso, a expulsión do arxentino Rojo volveu equilibrar as forzas. O partido decidiuse nos penaltis, nos que Chile estivo máis acertada. Orellana viviu o partido desde o banco e Tucu non puido participar por unha escordadura de xeonllo que lle manterá varias semanas parado.

 

O RC Celta felicita ao seu tres xogadores e á Selección de Chile por este magnífico logro.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas