Balaídos camiña cara ao cheo no partido deste sábado ante o Deportivo de La Coruña, un encontro crave para un Real Club Celta que pelexa por entrar nunha das prazas que dá acceso a competición europea. Nas taquillas de Balaídos quedan á venda sobre 500 entradas para o partido. O apoio da afección será un dos factores determinantes nun choque sempre apaixonante, intenso e igualado.
Os billetes dispoñibles son para as gradas de Tribuna, Rio Baixo e Gol, xa que tanto Marcador como Río Alto completaron o aforo, e os prezos oscilan entre 60 e 90 euros para a categoría ADULTO e entre 40 e 60 euros para afeccionados SUB-25.
A oficina de abonados e as taquillas permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e o sábado, día do partido, desde as 10 ata as 22 horas de xeito ininterrumpida. As entradas poden adquirirse en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta, activa as 24 horas.