Pablo Hernández completou este venres o adestramento co resto do grupo e recibiu a alta médica. O internacional chileno está recuperado da lesión que sufriu no partido de Liga ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu, o pasado 5 de Marzo. Berizzo, que anunciará a lista de convocados para o derbi galego mañá sábado, podería incluírlle na convocatoria.