A campaña de doazón de sangue #ImposibleSenTi, organizada ao redor da celebración do derbi galego e que conta co apoio do RC Celta e o RC Deportivo, está a rexistrar unha participación sobresaliente tanto en Vigo como na Coruña.
No primeiros catro días participaron unhas 1.400 persoas, o que supoñen 350 doazóns diarias. Destaca o dato de quen se animaron a doar por primeira vez, un 12% de todos os participantes.
A unidade móbil viguesa está instalada este xoves, quinto día de campaña, en Praza América de 15:30 a 21:00 e o venres estará no barrio de O Calvario, diante do mercado, de 09:30 a 14:00 e de 15:30 a 21:00 horas.